RECURSOS GALICIA somos unha empresa de servizos de consultoría e formación dirixidos a empresas, organizacións e administracións públicas.
A nosa área de actuación abarca a organización, xestión e execución de plans formativos, a implantación de sistemas de calidade e de xestión empresarial, a consultoria en seguridade e hixiene alimentaria, tramitación de subvencións e bonificacións e desenvolvemento de solucións formativas a medida.
O obxectivo de RECURSOS é dar resposta á cualificación das persoas, mellorando as súas capacidades persoais e laborais a través de programas de formación innovadores e convertelos así en profesionais de alto valor engadido. E ao mesmo tempo, que os nosos clientes poidan, a través da calidade do noso servizo, adecuarse ás esixencias do mercado, ás innovacións tecnolóxicas e aos cambios lexislativos.
Somos un grupo de profesionais multidisciplinar, o que nos/nos permite ofrecer servizos en diferentes áreas e materias. As tarefas desenvolvidas por este equipo están dirixidas maiormente á tutorización de accións formativas e á coordinación de proxectos.
Ademais do equipo estable, en RECURSOS, contamos con colaboradores habituais que son as persoas encargadas de impartir gran parte da formación que ofrecemos.