Ofrecemos un servizo personalizado a pequenas e medianas empresas en implantación de sistemas de calidade e medioambiente, seguridade e hixiene alimentaria, implantación de plans de igualdade e organización de actos e eventos.
Tamén traballamos como consultora especializada con diversas institucións e administracións públicas na planificación e xestión de proxectos nas áreas de formación e emprego, desenvolvendo plans de formación, programas integrados de emprego e proxectos de empredimiento.
Propoñemos todo tipo de solucións e asesoramento a empresas en materia de Hixiene, Seguridade e Calidade Alimentaria.
Ofrecemos servizos de consultoría e asesoramento, no que ás esixencias e requisitos legais que deben cumprir as empresas e establecementos alimentarios refírese. Inclúense tanto os trámites administrativos e alto en diferentes rexistros, como a elaboración de documentación técnica como os Programas de Hixiene Básicos e Manuais APPCC (Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico); asesoramento sobre a presenza de alérgenos en alimentos e cumprimento da normativa sobre información ao consumidor nesta materia. Ademais impartimos formación obrigatoria en Seguridade e Hixiene Alimentaria.
Contamos con persoal especializado nesta materia en varios puntos de Galicia, polo que ofrecemos este servizo en toda a Comunidade Autónoma.
Para o inicio da actividade nun establecemento alimentario, é necesario o seu rexistro ante a administración competente. En RECURSOS realizamos os trámites para a inscrición no Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e de Alimentos (RGSEAA), tanto a nivel nacional, como nos rexistros de ámbito autonómico, en Galicia, REGASA (Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios) ou outra Comunidade Autónoma.
Encargámonos de elaborar as memorias descritivas, cumprimentar os formularios, pago de taxas e entregar a documentación necesaria para proceder ao rexistro.
En RECURSOS diseñamos e implantamos Sistemas de Análisis de Peligros y Puntos de Control Crítico (APPCC) en cualquier establecimiento alimentario. Nuestras técnicas analizarán su actividad, instalaciones, personal, productos, metodología de trabajo, etc., para elaborar la Documentación del Sistema de Autocontrol en su empresa.
Nuestro procedimiento para la elaboración del APPCC incluye:
– Visita inicial del equipo técnico a las instalaciones del cliente;
– Recopilación de información y documentación necesaria para la elaboración del APPCC;
– Elaboración del APPCC en nuestras instalaciones;
– Entrega del APPCC al cliente;
– Formación en materia de seguridad e higiene alimentaria;
– Seguimiento de la Inspección de Sanidad.
Coa publicación do Regulamento (UE) 1169/2011, tanto a industria alimentaria como os establecementos de venda comerciante polo miúdo de alimentos e de restauración, teñen a obrigación de informar o consumidor sobre a presenza de alérgenos.
En RECURSOS ofrecemos formación e asesoramento sobre a nova Normativa Europea en materia de Alérgenos Alimentarios de aplicación desde Decembro de 2014.
Elaboramos Plans de Xestión de Alérgenos, asesoramento sobre elaboración e deseño de cartas e menús, cartelería, apps…
Impartimos formación a manipuladores de alimentos, responsables de APPCC, alerxias e intolerancias, Regulamento 1169/2011, etiquetado de alimentos…
Esta formación realízase a medida e cubrindo as necesidades de cada empresa e/ou traballador/a
Os plans de igualdade das empresas son un conxunto ordenado de medidas, tendentes a alcanzar na empresa a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo. (Lei Orgánica 3/2007, artigo 46)
En RECURSOS GALICIA ofrecemos servizos de Elaboración de Diagnósticos, Adaptación á nova normativa, Avaliación, Deseño de Rexistro Salarial e Auditoría Retributiva, Formación especializada en perspectiva de xénero, Asesoramento para o Deseño e Elaboración de Protocolos de Acoso Sexual e Acoso por Razón de Sexo e Xestión de subvencións e axudas.
Desde o ano 2007 realizamos consultoría dirixida a administracións públicas e entidades sen ánimo de lucro relacionada con plans de emprego e formación.
Realizamos proxectos formativos dirixidos á inserción laboral dos participantes, onde combinamos formación e orientación.
No noso equipo de traballo temos especialistas que desenvolven programacións a medida e adaptadas á realidade sociolaboral da zona onde se vai a implantar o proxecto.