
Tipo On Line
Data 22 Abril 2025 - 11 Xullo 2025
Horas 150
Precio 210€
AMPLIAR INFORMACIÓN€210.00
DOCENTE EN IGUALDADE
O curso de Docente en Igualdade é unha formación que se imparte na modalidade En liña e capacita para a impartición dos módulos transversais de Formación para a Igualdade ou Igualdade de Xénero do Plan AFD.
Os/as docentes que queiran impartir estes módulos deberán ter formación nesta materia de, polo menos, 150 horas.
Ademais de contidos teóricos, esta formación ofrecerache ferramentas e recursos para aplicar a igualdade na aula.
Docente en Igualdade é unha acción formativa dirixida a docentes con interese en impartir os devanditos módulos, a profesionais da docencia, técnicas/os, estudantes e interesadas/os en xeral.
METODOLOXÍA
O curso realizarase utilizando a plataforma en liña e-Recursos
O alumnado terá durante preto de 3 meses (segundo calendario do curso), total liberdade para realizar o curso desde calquera computador conectado a Internet, desde calquera lugar, a calquera hora, @teniendo en cuenta a temporalización marcada para cada tema.
As ferramentas de comunicación coas docentes serán por correo electrónico, mensaxería en liña e/ou os distintos foros do curso. O tempo de resposta será como máximo de 72 horas.
PROGRAMA
- Introdución
- Conceptos clave.
- Feminismo e Igualdade.
- Contexto normativo e político.
- A igualdade no imaxinario social.
- Estratexias para a formación en igualdade.
- Proxecto