Nós adicámonos á xestión, organización e impartición de formación e para iso contamos co mellor equipo de colaboradores e colaboradoras profesionais en cada unha das materias que imparten.
Entendemos que a formación debe ser personalizada e adaptada a cada empresa e cada situación, polo que cada grupo, cada edición, cada curso é tratado de forma personalizada e individualizada polas nosas coordinadoras. Cun seguimento durante e despois de cada acción formativa e preocupándonos da opinión do alumno ou alumna para seguir mellorando e actualizándonos.
Deseñamos e desenvolvemos proxectos formativos dirixidos a persoas en situación de desemprego, co fin de lograr a súa inserción laboral a través da cualificación, recualificación e/ou posta ao día das súas competencias profesionais.
Administracións públicas, organizacións e entidades sen ánimo de lucro son os nosos principais clientes, onde impartimos cursos pertencentes a Programas Integrados de Emprego, Plans Municipais de Formación e Emprego, Programas de Inclusión Social, Formación dirixida a Mulleres, Formación Subvencionada e outros cursos organizados por iniciativa propia.
Comercio e Marketing, Hostalería e Turismo, Servizos Socioculturais e á Comunidade, Calidade, Prevención de Riscos Laborais, Medio, Administración e Tempo Libre son algunhas das áreas formativas nas que nos centramos.
Cremos que a formación continua dos/as traballadores e traballadoras contribúe ao crecemento e desenvolvemento das empresas e organizacións, polo que ofrecemos cursos en diversas materias dirixidos a profesionais que queiran actualizar, mellorar e ampliar os seus coñecementos.
Ademais de supoñer un aumento e actualización de coñecementos, é unha ferramenta para establecer relacións, compartir experiencias, saír do marco da empresa e enriquecerse polo intercambio entre participantes, contribuíndo ao desenvolvemento de novas competencias, adquirindo mellores prácticas, métodos e ferramentas.
Desenvolvemos programas a medida para satisfacer as necesidades formativas das empresas e entidades. Para o deseño dos proxectos formativos partimos das necesidades detectadas a través da colaboración directa entre os nosos expertos e a organización. Desta maneira, a formación adecúase aos obxectivos e características da empresa e ao perfil do seu persoal.
Cada un dos nosos proxectos in company comprende as seguintes fases:
A formación que ofrecemos abarca varias áreas, pois contamos con docentes profesionais en diversas materias que se adaptan ás características particulares de cada organización.