Loader

    Tipo On Line

    Data 20 Maio 2025 - 20 Xuño 2025

    Horas 15

    Precio 50€

    AMPLIAR INFORMACIÓN

    50.00INSCRIBIRME

    LINGUAXE INCLUSIVA E ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

    Esta formación contribúe a recoñecer a importancia da linguaxe como axente socializador de xénero, detectar os estereotipos de xénero para eliminalos e ofrecer estratexias e recursos para o uso non sexista da linguaxe.

    Está dirixida a responsables de comunicación, docentes, técnicos-as, educadores-as, estudantes e toda aquela persoa interesada no ámbito da igualdade.

    METODOLOXÍA

    O alumnado terá durante 1 mes, desde o inicio da formación, total liberdade para realizar o curso desde calquera ordenador, smartphone ou tablet conectada a Internet, desde calquera lugar, e a calquera hora.

    O curso impartirase a través da nosa plataforma de teleformación www.formacion.recursosgalicia.es, unha vez que accedas poderás ler a mensaxe de benvida coas indicacións básicas para obter unha formación exitosa e de calidade.

    Recomendamos a lectura da Guía Didáctica, así como, familiarizarse cos elementos básicos da plataforma e revisar o foro de Novidades/Avisos.

    En todo momento existe un equipo técnico e docente ao dispor do alumnado, que resolverá dúbidas e acompañará no proceso de ensino-aprendizaxe.

    Se superaches a formación con éxito, recibirás un Diploma acreditativo onde se indica nome do curso, modalidade, contidos e duración.

    OBXECTIVOS

    Recoñecer a importancia da linguaxe como axente socializador de xénero, detectar os estereotipos de xénero para eliminalos e ofrecer estratexias e recursos para o uso non sexista da linguaxe.

    PROGRAMA

    Módulo 1. A linguaxe como axente socializador

    1.1. Androcentrismo lingüístico
    1.2. Sexismo na linguaxe
    1.3. Sexismo nas imaxes

    Módulo 2. Roles e estereotipos de xénero

    2.1. A asignación de estereotipos como discriminación de xénero
    2.2. A imaxe estereotipada da muller nos medios de comunicación

    Módulo 3. Linguaxe inclusiva

    3.1. Recomendacións para o uso non sexista da linguaxe.
    3.2. Recomendacións para o uso non sexista nas imaxes e na publicidade.