
Tipo On Line
Data 10 Xuño 2025 - 18 Xullo 2025
Horas 35
Precio 75€
AMPLIAR INFORMACIÓN€75.00
MONITOR/A DE COMEDOR ESCOLAR
O curso de Monitor/a de Comedor Escolar está dirixido a todas aquelas persoas que buscan capacitación para traballar nun comedor infantil, ben sexa nunha contorna lectiva ou en actividades de tempo libre. Impartirase na modalidade de teleformación e ten unha duración de 35 horas.
Con este curso tamén realizarás a formación obrigatoria de seguridade e hixiene alimentaria (Manipulación de Alimentos) cunha duración de 10 horas
METODOLOXÍA
O curso realizarase utilizando a plataforma en liña e-Recursos.
O alumnado terá durante 1 mes, total liberdade para realizar o curso desde calquera ordenador conectado a Internet, desde calquera lugar, a calquera hora, @teniendo en cuenta a temporalización marcada para cada tema.
As ferramentas de comunicación coas docentes serán por correo electrónico, mensaxería en liña e/o os distintos foros do curso. O tempo de resposta será como máximo de 72 horas.
OBXECTIVOS
- Capacitar ao alumnado para desenvolver competentemente as funcións propias dun monitor/a de comedor escolar
- Dotar ao alumnado para desenvolver hábitos e actitudes saudables nos nenos-as en relación coa nutrición e así garantir unha dieta sa e equilibrada, e aprender habilidades sociais para a convivencia.
PROGRAMA
- O comedor escolar como ámbito educativo e o seu funcionamento
- Perfil profesional do monitor/a de comedor escolar
- Educación para a saúde e educación nutricional
- O valor educativo do xogo
- Seguridade Alimentaria.Manipulación de Alimentos