Loader

PLANS DE IGUALDADE PARA
EMPRESAS E ENTIDADES

 

Somos unha empresa especializada en
Igualdade e xestión de recursos.

Plan de Igualdad

¿QUE É UN PLAN DE IGUALDADE?

Un conxunto ordenado de medidas, tendentes a alcanzar na empresa a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo.

(art. 46, Lei Orgánica 3/2007)

¿POR QUÉ PRECISAMOS REALIZALO?

Cumplir coa Lei Orgánica 3/2007

Realizar Rexistro Salarial e Auditorías Retributivas obrigatorias

Acadar maiores puntuacións en licitacións e subvencións

Evitar sancións

OS NOSOS SERVIZOS

PLANS DE IGUALDADE

asesoramento, avaliación, deseño, implantación e seguimento.

AUDITORÍAS RETRIBUTIVAS

análises da política salarial a través do rexistro retributivo e a valoración de postos de traballo.

PROTOCOLOS DE ACOSO SEXUAL E POR RAZÓN DE SEXO

actualizados á normativa vixente, onde se incorporan os delitos e condutas contra a liberdade sexual e a integridade moral no traballo, en especial, contra o colectivo LGTBI+

FORMACIÓN EN IGUALDADE

para o persoal, a dirección, departamentos específicos, e unha gran variedade de temáticas ao redor da igualdade (prl, acoso, comunicación inclusiva…)

LINGUAXE E COMUNICACIÓN INCLUSIVA

asesoramento a entidades para a posta en marcha de campañas de comunicación con perspectiva inclusiva.

¿CÓMO O FACEMOS?

FORMALIZACIÓN: Compromiso por parte da Dirección da empresa/entidade para poñer en marcha o Plan de Igualdade, e o establecemento de políticas igualitarias.

 

CREACIÓN DA COMISIÓN NEGOCIADORA: Asistencia técnica para determinar a estrutura, composición e funcións da comisión. Comunicación ao persoal. Formación e sensibilización.

 

DIAGNÓSTICO DE SITUACIÓN: Recompilación de datos cuantitativos e cualitativos da situación da empresa/entidade. Inclúe a auditoría retributiva e máis materias das que establece a normativa.

 

ELABORACIÓN DO PLAN: Formulación de obxectivos e medidas/accions para alcanzar a igualdade efectiva e real.

 

AUDITORÍA RETRIBUTIVA SALARIAL: Identifica discriminacións de salario entre homes e mulleres ao facer un traballo de igual valor.

 

REXISTRO DO PLAN DE IGUALDADE: Inscrición no rexistro correspondente: REGCON.

 

SEGUIMENTO E AVALIACIÓN: Seguimento do desenvolvemento e aplicación de medidas, acompañando á Comisión de Seguimento e Avaliación. Elaboración de informes e memoria final.

CUESTIÓNS CLAVE

OBRIGATORIO

  • Para empresas/entidades de máis de 50 traballadoras/es.

 

CÓMPUTO

 

  • O cómputo de persoas traballadoras faise o 30 de xuño e o 30 de decembro, con calquera forma de contratación.

 

PRAZOS

 

  • Para obter resposta dos sindicatos á invitación de participar na comisión negociadora é de 10 días.
  • Para a creación da Comisión Negociadora é de 3 meses desde o momento da obrigación de ter un plan de igualdade.
  • Para rexistrar un plan de igualdade, máximo 1 ano, desde que se inicia o proceso de negociación.
  • O tempo máximo de vixencia dun plan de igualdade é de 4 anos.

 

MATERIAS DE ANÁLISES. Para realizar o diagnóstico:

 

  • Condicións xerais (sector, dimensión, estrutura organizativa…)
  • Proceso de selección, contratación, formación e promoción profesional
  • Clasificación profesional, retribucións e auditorías retributivas
  • Condicións de traballo
  • Exercicio corresponsable dos dereitos da vida persoal, familiar e laboral
  • Infrarrepresentación feminina
  • Prevención do acoso sexual e por razón de sexo
  • Outras materias (saúde laboral, violencia de xénero, comunicación…)

A NOSA CLIENTELA

NORMATIVA APLICABLE

PREGUNTAS FRECUENTES

Está obrigada a miña empresa para ter un Plan de Igualdade?

 

Si, aquelas empresas no que persoal sexa de 50 traballadoras/es ou máis están obrigadas a dispoñer dun Plan de Igualdade, Os prazos para implementalo son:

 

Empresas con persoal entre 150 e 250 traballadoras/es, OBRIGATORIO.

De entre 101 e 150 traballadoras/es: OBRIGATORIO.

De entre 50 e 100 traballadoras/es: 7 de marzo 2022

Tamén están estes outros supostos:

 

Administracións Públicas.

 

Cando se estableza tal obrigación polo convenio colectivo

Cando a autoridade laboral acordase nun procedemento sancionador a substitución das sancións accesorias pola elaboración e aplicación do devandito plan.

 

Como se cuantifica o persoal?

 

Cuantifícase a todas as persoas da empresa. O cómputo efectuarase, polo menos, o último día dos meses de xuño e decembro de cada ano. Inclúe: contratos fixos descontinuos, de duración determinada, de posta ao dispor.

 

Aínda que descenda o limiar do cómputo para a súa obrigatoriedade, o plan mantense.

 

Poden ser sancionadas as empresas que non conten cun Plan de Igualdade?

 

Si, as empresas que non elaboren e implementen un Plan de Igualdade cando a lei lles obriga a iso estarían a cometer unha infracción grave, que carrexa multas de entre 626 e 6.250 euros, ou moi grave, con multas que van desde os 6.251 euros aos 187.515 euros.

 

Á parte das multas económicas, as empresas tamén perderían o acceso a axudas, bonificacións e subvencións durante 6 meses.

 

Canto tempo tárdase en elaborar e implementar un Plan de Igualdade?

 

Depende do tamaño da empresa, pero, en xeral, o tempo para elaborar e implementar o Plan de Igualdade adoita oscilar entre un e tres meses.

 

Que datos debe conter un diagnóstico de igualdade?

 

Proceso de selección e contratación.

Clasificación profesional.

Formación.

Promoción profesional.

Condicións de traballo, incluída a auditoría salarial entre mulleres e homes.

Exercicio corresponsable dos dereitos da vida persoal, familiar e laboral.

Infrarrepresentación feminina.

Retribucións

Prevención do acoso sexual e por razón de sexo.

 

Cal é o contido mínimo do Plan de Igualdade?

 

As partes que o conforman.

O ámbito, persoal, territorial e temporal.

Informe do diagnóstico.

Resultados da Auditoría retributiva, así como a súa vixencia e periodicidade.

Obxectivos cualitativos e cuantitativos.

Medidas concretas, prazo de execución e priorización das mesmas e deseño de indicadores que permitan a súa evolución de cada medida.

Identificación dos medios e recursos, materiais e de persoal, necesarios para a implantación, seguimento e avaliación de cada unha das medidas e obxectivos.

Calendario de actuacións para a implantación, seguimento e avaliación das medidas.

Sistema de seguimento, avaliación e revisión periódica.

Composición e funcionamento da comisión ou órgano concreto de vixilancia e seguimento do plan.

Procedemento de modificación.

 

Canto dura un plan de igualdade?

 

O RD 901/2020 do 13 de outubro, establece que non sexa superior a catro anos. Débese realizar con carácter anual un seguimento do Plan de Igualdade. Ademais, cada catro anos débese realizar unha avaliación final e avaliar globalmente os resultados e o impacto do mesmo.

 

Que plans son obxecto de rexistro obrigatorio?

 

Todos os plans de igualdade que teñan tal consideración serán obxecto de inscrición obrigatoria no Rexistro de plans de igualdade, tanto se se trata de plans obrigatorios como voluntarios, e independentemente de que fosen ou non adoptados por acordo entre as partes.

 

Que empresas están obrigadas a ter un rexistro retributivo?

 

Todas as empresas, independentemente do seu tamaño, deben ter un rexistro retributivo de todo o seu persoal, incluído o persoal directivo e os altos cargos.

 

Que é o rexistro retributivo?

 

É un instrumento de transparencia retributiva. O rexistro retributivo deberá incluír os valores medios dos salarios, os complementos salariais e as percepcións extrasalariales do persoal desagregados por sexo e distribuídos conforme ao establecido no artigo 28.2 do Estatuto dos Traballadores.

 

Ten un período de rexistro por ano natural.

 

Que empresas están obrigadas a elaborar unha auditoría retributiva?

 

Todas as empresas que elaboren un plan de igualdade deben incluír no mesmo unha auditoría retributiva.

 

Que é unha auditoría retributiva?

 

É un instrumento de transparencia retributiva. Comproba se o sistema retributivo da empresa, de maneira transversal e completa, cumpre coa aplicación efectiva do principio de igualdade entre mulleres e homes en materia de retribución.

 

A auditoría retributiva terá a vixencia do plan de igualdade do que forma parte, salvo que se determine outra inferior no mesmo.

 

E o Sistema de Valoración de Postos de Traballo, que é?

 

O sistema de valoración de postos de traballo de puntos por factor é considerado como o máis apropiado para a avaliación no ámbito de igualdade, así o recoñece a OIT (Organización Internacional do Traballo).

 

Este sistema establece catro factores base suficientes para avaliar todos os postos e todas as empresas:

 

  • Cualificacións: formación académica, formación non regulada…
  • Esforzos: mental, emocional, físico…
  • Responsabilidades: en RRHH, financeira, sobre materiais…
  • Condicións de traballo: psicolóxicas, contorna física…