Loader
Prevencion acoso

    Tipo On Line

    Data 13 Maio 2025 - 13 Xuño 2025

    Horas 20

    Precio 60€

    AMPLIAR INFORMACIÓN

    60.00INSCRIBIRME

    PREVENCIÓN E TRATAMENTO DO ACOSO NO TRABALLO

    O artigo 48 da Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes, o art.12 de la Ley Orgánica 10/2022 de garantía integral de a​ liberdade sexual; e o Real Decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro, establecen a obrigación de toda empresa, independentemente do número de persoas traballadoras, de adoptar un procedemento ou protocolo para previr e actuar fronte ao acoso sexual, o acoso por razón de sexo, o acoso no traballo e outras condutas contrarias á liberdade sexual e a integridade moral.

    OBXECTIVO

    Identificar e coñecer os mecanismos e actuacións para previr, detectar e resolver situacións de acoso no traballo.

    PROGRAMA

    1. Liberdade sexual e integridade moral no traballo

    • Conceptualización.
    • Marco normativo.
    • Elementos e identificación de condutas constitutivas de acoso no ámbito laboral.

    2. Responsabilidades das empresas, da representación legal das persoas traballadoras e do persoal

    • Ámbito de actuación.
    • Deberes das empresas, RLPT e do persoal.

    3. Prevención e tratamento das violencias sexuais do acoso e discriminacións no traballo

    • Factores de risco vinculados aos diferentes tipos de acoso no ámbito laboral.
    • Efectos na saúde das vítimas, nas condicións laborais e na propia organización.
    • Mitos sobre acósoo sexual, por razón de sexo, por orientación e identidade sexual e moral
    • Prevención do acoso no traballo

    4.O protocolo de actuación e outra medidas fronte os delitos e condutas contra a liberdade sexual e integridade moral no traballo

    • Estrutura e fase de implementación do protocolo
    • Procedemento de actuación previsto.
    • Vixencia, rexistro e publicidade.

    METODOLOXÍA

    A metodoloxía do curso será 100% En liña, realizarase utilizando a Plataforma de Teleformación e-Recursos.
    O alumnado terá acceso ao curso con total liberdade para realizalo desde calquera computador, tablet ou movil con conexion a Internet e desde calquera lugar e a calquera hora, @teniendo en cuenta a temporalización marcada para cada tema.