- Entidade organizadora
A empresa RECURSOS GALICIA S.L con CIF número B 70107842 e domicilio en R/ María Ángeles de la Gándara, número 32, 15.890, Santiago de Compostela, A Coruña, con correo electrónico de contacto: info@recursosgalicia.com, organiza a promoción “MATRÍCULA Ó CURSO DE PLÁNS DE IGUALDADE NAS EMPRESAS”.
- Obxecto e mecánica da promoción
Sortearase unha matrícula cun valor de 60€ (SESENTA EUROS), para o curso “PLÁNS DE IGUALDADE NAS EMPRESAS”, na edición que comeza o 30 de abril (ata o 30 de maio de 2020).
Para optar ao premio será necesario:
– seguir a Recursos Galicia en Facebook
– e mencionar a dúas persoas que cres que lle interesaría ter esta formación básica. Cada usuaria/o poderá participar tantas veces como queira, sempre que as persoas que mencione en cada comentario sexan distintas.
- Duración e Ámbito
A actividade desenvolverase no ámbito xeográfico de Galicia. As datas de ámbito da promoción serán desde o 23 de abril de 2020 ata o 28 de abril de 2020 ás 13:59.
- Requisitos para participar
Poderán participar na promoción todas as persoas físicas maiores de 18 anos que sigan á marca Recursos Galicia na rede social Facebook e mencionasen polo menos a dúas persoas.
- Elección de persoa gañadora, suplentes, comunicación e entrega
O sorteo realizarase o 28 de abril de 2020, entre as 16 e as 18 horas a través da ferramenta https://commentpicker.com/ (No caso que esta non estea dispoñible na data prevista, empregarase outra similar, que garanta a aleatoriedade do sorteo).
Entrarán no sorteo todas as persoas participantes dadas de alta correctamente ata o 28 de abril ás 13:59h. Seleccionarase aleatoriamente a outra participante con carácter de suplente.
Publicarase a persoa gañadora no Facebook de Recursos Galicia e enviarase unha mensaxe por Facebook a dita persoa indicándolle a súa condición de gañadora. Se non aparece, nas 12 horas seguintes á notificación do premio contactarase coa persoa “suplente”.
A persoa gañadora terá acceso ó curso “Formación Básica en Igualdade de Xénero” recibindo unhas claves de acceso para entrar na plataforma de teleformación de Recursos Galicia.
- Premio
O premio consiste na matrícula gratuíta ó curso de CURSO DE PLÁNS DE IGUALDADE NAS EMPRESAS, edición 2, que comeza o 30 de abril e remata o 30 de maio de 2020. A persoa gañadora será inscrita como unha alumna máis a esta edición.