
Tipo On Line
Data 10 Xuño 2025 - 11 Xullo 2025
Horas 25
Precio 60€
AMPLIAR INFORMACIÓN€60.00
ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
O obxectivo do curso é formar ás persoas responsables dos/as menores nos autobuses escolares, roteiros, excursións, viaxes, etc. para garantir na maior medida a seguridade dos/as pasaxeiros/as
O curso de Acompañante de Transporte Escolar ten unha duración de 25 horas. Impártese na modalidade de teleformación polo que é necesario ter conexión a Internet
Na plataforma estarán todos os contidos teóricos, poderás realizar as actividades, participar nos foros e chat e realizar consultas á titora
METODOLOXÍA
O curso realizarase utilizando a plataforma en liña E-Recursos.
O alumnado dispoñerá de 1 mes para a realización da formación, poderá facela desde calquera computador, smartphone ou tablet con conexión a Internet, desde calquera lugar e a calquera hora, tendo en conta a temporalización marcada para cada tema.
Os/as participantes terán acceso á plataforma de teleformación os 7 dias da semana as 24 horas do día e dispoñerá dunha docente especializada para a resolución de dúbidas dinamización da formación
Ao termo do curso, o alumnado recibirá un diploma acreditativo da formación realizada
OBXECTIVOS
Formar ás persoas responsables dos/as menores nos autobuses escolares, roteiros, excursións, viaxes, etc. para garantir, na maior medida, a seguridade dos e das pasaxeiras
PROGRAMA
- Transporte escolar. Características básicas.
- Papel do/a monitor/a acompañante.
- Situacións de emerxencia e evacuación do autobús.
- Os/as usuarios/as do transporte escolar.
- Primeiros auxilios e prevención de accidentes.
DESCONTO
Se es antigo/a alumno/a de RECURSOS terás un desconto na matrícula do 15% (introduce o Código ALU15 no proceso de compra) e se te atopas en situación de desemprego ofrecémosche un 10% (código DES10 no proceso de compra).