Tipo Teleformación
Fecha 14 abril 2026 - 30 septiembre 2026
Horas 488
Precio 0€
MÁS INFORMACIÓNFORMACIÓN PARA OCUPADOS/AS
SSCB0211
DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL
Planificar, organizar, xestionar, dinamizar e avaliar proxectos de tempo libre educativo, dirixidos á infancia e a mocidade en todos os seus aspectos, representando interna e externamente aos mesmos, asumindo a creación, control e dinamización do equipo de persoal monitor.
NON É NECESARIO TER O TÍTULO DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE
CURSO DE TELEFORMACIÓN DIRIXIDO PRINCIPALMENTE A PERSOAS OCUPADAS.
(É o teu caso?)
Duración: 488 horas (inclúe: 290 horas teóricas, 18 horas de módulos transversais + 60 horas de prevención de riscos laborais + 120 horas de formación en empresas)
Subvención: 100% gratuíto
Datas das sesións presenciais OBRIGATORIAS: 20 de maio, 1, 9 e 18 de xuño, 14 e 31 de xullo de 2026. Todas as sesións presenciais (exames e titorías) serán en horario de tarde.
Sesións presenciais: Recursos Galicia, SANTIAGO DE COMPOSTELA
C/ María de los Ángeles de la Gándara, nº 32
15890 – Santiago de Compostela (A Coruña)
Titulación: Titulación oficial, diploma acreditativo da Xunta de Galicia de ter superada a formación de SSCB0211 – Dirección e Coordinación de Actividades de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil.
OCUPACIÓNS E POSTOS DE TRABALLO RELEVANTES
• Coordinador/a de tempo libre
• Coordinador/a de tempo libre educativo infantil e xuvenil
• Director/a de tempo libre educativo infantil e xuvenil
• Responsable de proxectos de tempo libre educativo infantil e xuvenil
• Coordinador/a de campamentos, de albergues de mocidade, de casas de colonias, de granxas-escolas, de aulas de casas de mocidade e escolas de natureza
• Director/a de campamentos, de albergues de mocidade, de casas de colonias, de granxas-escolas, de aulas de casas de mocidade e escolas de natureza
• Coordinador/a de actividades paracurriculares no marco escolar
• Director/a de actividades paracurriculares no marco escolar
A QUEN VAI DIRIXIDO?
Esta formación está destinada principalmente a persoas ocupadas. ca intención de darlle un impulso a súa carreira ou desenvolvemento persoal.
CONTIDOS:
MF1869: Planificación, organización, xestión e avaliación de proxectos educativos de tempo libre infantil e xuvenil
- UF1947: Contextualización do tempo libre infantil e xuvenil na contorna social: (50 h)
- UF1948: Programación, execución e difusión de proxectos educativos no tempo libre: (70 h) 120
MF1867: Procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil (30h)
MF1868: Técnicas e recursos de animación en actividades de tempo libre (60h)
MF1870: Coordinación e dinamización do equipo de monitores de tempo libre (80h)
Prevención de Riscos Laborais (60h)
FCOO03: Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero (10h)
FCOXXX24: Formación para a igualdade (8h)
MP0410: Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (120h)
REQUISITOS DE ACCESO
Os requisitos académicos de acceso son:
-
- Título de Bacharelato.
- Certificado de profesionalidade de nivel 3.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia profesional.
- Cumprir o requisito académico de acceso ao ciclo formativo de grao superior.
- Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 e/ou 45 años.
- Competencias clave.
OBSERVACIÓNS
Cada módulo pode realizarse de forma independente.
